Alimentación
Bebida: É indispensable levar auga e beber cando se necesite.
Comida: Se non é probable atopar onde abastecerse de alimentos; en caso de atrasarse ou perderse é importante contar con comida. É moi útil queixo, embutidos e pan, vale a pena levar froita e alimentos enerxéticos como chocolate, froitos secos ou barras de cereais, proporcionan enerxía e ocupan pouco espazo e peso.
Vestimenta
Calzado: Botas baixas co fin de que protexan das torceduras de nocellos, con sola antiescorregadiza e que sexan cómodas.
Roupa: Adecuada ao clima e ao lugar que se visitará. Sempre é mellor pantalóns longos e pezas de manga longa para protexernos dos raios solares, plantas e picaduras leves. E dependendo do lugar, unha chaqueta que corte o vento e sexa impermeable para protexernos das inclemencias ocasionais do tempo.
Chapeu e lentes: Cando sexa necesario un chapeu, que é sempre mellor que a gorra, para protexernos do sol ou a choiva.
Pano: un pano de certo tamaño, aproximadamente do que se usa para taparse a cabeza, pode ser moi útil como para mollar e refrescar a cabeza, para recoller froitos silvestres, para taponar unha ferida, realizar unha inmobilización en caso de lesión de articulación ou fractura, aplicar un torniquete, etc.