Praia fluvial de Seira
A de Seira, no río Rois, é unha praia ideal para refrescarse cando soben as temperaturas. Augas claras e árbores frondosas dan un respiro e permiten descansar ou realizar actividades de lecer en harmonía coa natureza. Ademais das zonas verdes, de baño e de pesca, a praia fluvial de Seira conta cunha área de descanso con mesas e bancos e un aparcamento, reformados en 2017.
Fonte de textos e imaxes: Wikipedia | Elespanol
Pazo de Antequeira
Construído no século XVIII sobre unha casa do século XV o pazo de Antequeira, componse de tres corpos: dous saíntes e un central cunha solaina central á que se accede por unha fermosa escaleira de pedra.Xunto a el, restaurada recentemente, atópase a capela de San Juan Nepomuceno, de gran interese arquitectónico, abovedada e cun relevo do santo na súa fachada.
O seu xardín, con boas especies como camelias, magnolias, hortensias..., atópase moi ben conservado, do mesmo xeito que o propio pazo, propiedade na actualidade da familia Rengifo.
Fonte de textos e imaxes: Amicos | Turismo Terras de Iria
O seu xardín, con boas especies como camelias, magnolias, hortensias..., atópase moi ben conservado, do mesmo xeito que o propio pazo, propiedade na actualidade da familia Rengifo.
Xardíns do pazo do Faramello
Un recinto de máis de 1.000 m2 composto de xardíns franceses decimonónicos en perfecto estado de conservación, asomado ás ruidosas fervenzas naturais do río polo que linda o Camiño de Santiago
Fonte de textos e imaxes: Pazofaramello |
Wikipedia
Pazo do Faramello
O Pazo do Faramello é un edificio barroco de comezos do século XVIII. Fundado polo Marqués de Piombino, destaca polas súas influencias italianas debido á súa orixe xenovesa. Cunha área total de 398.000 m² e un edificio principal de máis de 2100 m², o Pazo é coñecido pola súa ligazón á Real Fábrica de Papel do Faramello, pioneira na industria galega por máis de dous séculos. Os visitantes aínda poden explorar os antigos muíños e instrumentos da fábrica histórica.
O Pazo do Faramello está situado en terrazas sobre o canón do río Angueira (Tinto), rodeado por unha fraga en delicado equilibrio, pero mantida en perfecto estado e en continua recuperación. Este esforzo de conservación é amplamente recompensado pola impresionante biodiversidade do lugar, onde habitan especies como nutrias, curuxas, garzas reais, patos bravos, troitas, ra patilonga, esquíos, furóns e raposos vermellos. O Pazo ten unha rica historia e é mencionado por escritores galegos como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Cela. Destaca especialmente como escenario principal da novela "A casa da Troia" de Alejandro Pérez Lugín, retratando a vida estudantil da nobreza compostelá. Nas súas cabalarizas albergouse o arsenal contra as tropas francesas nas revoltas do 2 de xuño de 1808.
Fonte de textos e imaxes: Pazofaramello | Cameliagalicia
Igrexa parroquial de Santa María de Urdilde
Empezou a construírse en 1711. Ata esa data, a igrexa non estaba neste emprazamento, senón máis abaixo, preto da aldea do Pumar. A nave é rectangular, con capelas laterais cubertas con bóveda de aresta a maior e de canón a do Cristo, a da Concepción e mais a sancristía, mentres que a virxe da Soidade conta con artesoado de madeira. Aínda que hai máis, destacan catro retablos: o do presbiterio, obra barroca do 1724 profusamente adornada; o de San Francisco dándolle o cordón ás ánimas do purgatorio; o do Calvario ou o da virxe da Soidade. É interesante o moble da sancristía que, ademais das correspondentes gabetas, ten na fronte fornelos con imaxes coma se se tratase dun retablo. Unha peza tamén única é a fermosa porta pola que se accede a esta dependencia dende o presbiterio.
Fonte de textos e imaxes: Webrois2020 | Paxinasgalegas
Igrexa parroquial de Santa María de Leroño
Nunha atalaia, entre casas veciñais e unha estrada que atravesa a parroquia de Leroño, atópase a pequena igrexa de Santa María, a que logrou conservar máis trazos do seu orixinal estilo románico de todas as igrexas do municipio de Rois. A súa cara oriental, actúa como miradoiro sobre a campiña de Rois. A igrexa parroquial de Santa María de Leroño foi construída na segunda metade do século XII e as múltiples reformas que sufriu, a través dos séculos, han distorsionado moito o seu aspecto orixinal. O que máis destaca do seu exterior son os múltiples canecillos (cabeza da viga que asoma ao exterior), ata 21, en torno ao beirado do tellado. No seu interior consérvase un arco de de medio punto, sostido por pequenas columnas de capiteis decorados con motivos vexetais. As xanelas son as orixinais do século XII, así como unha porta lateral.
Fonte de textos e imaxes: Xoanarcodavella
Igrexa parroquial de San Vicente de Augasantas
A construción do actual edificio, ten a súa orixe nun manantío de auga a que se atribuen certos poderes curativos, que deita a poucos metros da fachada e que, dende tempos inmemoriais, está canalizada ata un pozo que hai no interior, empotrado nunha parede, sobre o que se acha unha imaxe do santo patrón.
Encol desta fonte dicía no ano 1607 o visitador do arcebispo e cardeal Jerónimo del Hoyo: "Llámase Aguas Santas, por una fuente que tiene la iglesia al lado de la Epístola". Dentro, na capela maior, figura a data de 1728, que é de supoñer que fose cando empezaron as obras. É de planta de cruz latina. A fachada queda oculta en parte debido ó emprazamento do edificio, para asentarse sobre o manantío. Na fornela central, sobre a porta, hai unha imaxe de San Vicente, de mediados do s. XVIII.
Conta con cinco retábulos, sobresaíndo polas súas dimensións e valor artístico o do presbiterio, aínda que o máis antigo é o da Virxe do Rosario, na lado da epístola. Con el fai xogo, no lado do evanxelio, o adicado a San Francisco e ás ánimas do Purgatorio, actualmente en moi mal estado de conservación. Tamén en mal estado atópase o da segunda capela da epístola, un sinxelo e bonito retábulo barroco de dous carpos de mediados do s. XVIII. Por último, queda o da segunda capela do evanxelio, neoclásico, de finais do XVIII, posiblemente da escala artística de Xosé Ferreiro.
Fonte de textos e imaxes: Terrasdeiria
Encol desta fonte dicía no ano 1607 o visitador do arcebispo e cardeal Jerónimo del Hoyo: "Llámase Aguas Santas, por una fuente que tiene la iglesia al lado de la Epístola". Dentro, na capela maior, figura a data de 1728, que é de supoñer que fose cando empezaron as obras. É de planta de cruz latina. A fachada queda oculta en parte debido ó emprazamento do edificio, para asentarse sobre o manantío. Na fornela central, sobre a porta, hai unha imaxe de San Vicente, de mediados do s. XVIII.
Conta con cinco retábulos, sobresaíndo polas súas dimensións e valor artístico o do presbiterio, aínda que o máis antigo é o da Virxe do Rosario, na lado da epístola. Con el fai xogo, no lado do evanxelio, o adicado a San Francisco e ás ánimas do Purgatorio, actualmente en moi mal estado de conservación. Tamén en mal estado atópase o da segunda capela da epístola, un sinxelo e bonito retábulo barroco de dous carpos de mediados do s. XVIII. Por último, queda o da segunda capela do evanxelio, neoclásico, de finais do XVIII, posiblemente da escala artística de Xosé Ferreiro.
Igrexa parroquial de Santo Tomé de Sorribas
A planta é rectangular, sen ningunha capela lateral, pois a sancristía queda por detrás do retablo do presbiterio. De todo o conxunto destaca o adorno do piñón, unha fermosa peza formada por unha base de catro lados con molduras sobre a que fai equilibrio un cilindro oco cun aro a cada lado, semellando unha cruz. A peza de abaixo repítese e remata cun pináculo con bóla e sobre esta un ferro. O retablo máis interesante é o do presbiterio por ser un dos mellores do municipio debido á súa riqueza ornamental e beleza. Nos lados, dentro de dous nichos da nave, hai cadanseu retablo neoclásico.
Fonte de textos e imaxes: webrois2020 | Wikipedia
Igrexa parroquial de San Pedro de Herbogo
Ten unha planta de cruz latina. A actual obra empezou no ano 1715, aproveitando como materiais construtivos restos antigos, posiblemente xa empregados na igrexa anterior, como acontece cunha ara romana e unha inscrición, quizais tamén da mesma época, que se ven no exterior da capela correspondente ao lado do evanxeo. A parte máis antiga do edificio. Sobre o portal hai unha imaxe da Virxe da O ensinando a man dereita e collendo o ventre coa man esquerda, quizais do S.XVII.
Fonte de textos e imaxes: Terrasdeiria 2020
Igrexa parroquial de San Miguel da Costa
A igrexa é de planta rectangular dunha soa nave, de 15,8 metros de longo por 5,5 metros de ancho de nave e 3,5 metros de ancho do presbiterio. O edificio conserva restos románicos, entre os que destaca parte do penal da capela maior.
Fonte de textos e imaxes: Terras de Iria | Paxinasgalegas
Igrexa parroquial de San Mamede de Rois
O actual edificio é de cruz latina. A fachada ten a particularidade de que é a única entre as igrexas deste concello na que a torre campanario empeza dende o chan, separada a case dous metros da parede, formando un pórtico. Ten tres interesantes retablos. O máis antigo é o retablo da Virxe do Rosario. Hai un cadro lenzo de grandes dimensións no que se representa a virxe sentada co neno Xesús sobre o xeonllo dereito.
Fonte de textos e imaxes: Terras de Iria | Paxinasgalegas
Fonte de Sorribas
A "Fonte de Sorribas" esta situada ao lado do Víacrucis de Sorribas.Na honra da peregrinaxe foi constituída a fonte de Sorribas, moi próxima ao Víacrucis, en 1704 para que estes se puidesen refrescar.
Fonte de textos e imaxes: Multiscreensite | Wordpress
Fervenza do río Tinto
A fervenza do Río Tinto, situada no concello de Rois, é unha impresionante cascada de auga que ofrece unha vista espectacular para os visitantes. Este encantador lugar natural está rodeado dun entorno verde e frondoso, proporcionando unha sensación de tranquilidade e beleza. As augas do Río Tinto caen con forza formando unha fervenza. É un lugar perfecto para gozar dun día ao aire libre, facer sendeirismo ou simplemente relaxarse escoitando o son da auga. A fervenza do Río Tinto é un verdadeiro tesouro natural que merece ser visitado e apreciado por todos aqueles que buscan conexión coa natureza na provincia de A Coruña.
Fonte de textos e imaxes: Fervenzasdegalicia
Cruceiro de Vilariño
O cruceiro está ao lado dunha fonte, con plataforma de tres chanzos e un pedestal cúbico, con aresta superior moldurada e rebaixada en chafrán. Hai letras gravadas na cara frontal, case ilexibles, pero onde se ve a data da construción: 1888. O varal ten sección cadrada e octogonal en altura, con figuras de San Antonio de Padua e San Francisco na metade e capitel decorado con adornos vexetais e caras de anxos. O grupo de imaxes na cruz mostra o desencravo de Cristo, tallado nunha soa peza de granito. Dúas figuras, Xosé de Arimatea e Nicodemo, suben escadas polo reverso da cruz para desencravar a Cristo, mentres unha figura feminina reza entre as escadas.
Na parte frontal, unha figura sostén o corpo de Xesús mentres María está de xeonllos, coa coroa de espiñas. O cruceiro atribúese aos santeiros de Chave, comezando con Andrés Castaño Fernández, O Vello Santeiro de Chave (1825-1914).
Fonte de textos e imaxes: Hermandaddelaescalera | Maps
Na parte frontal, unha figura sostén o corpo de Xesús mentres María está de xeonllos, coa coroa de espiñas. O cruceiro atribúese aos santeiros de Chave, comezando con Andrés Castaño Fernández, O Vello Santeiro de Chave (1825-1914).
Cruceiro de Cornes
A actual figura de bulto redondo fixoa Carlos Gajo no ano 2000, veciño da aldea de Cornes. A antiga imaxe foi roubada en 1995. A cruz procede da man de Manuel Guerra, a orixinal tamén foi roubada, estan ten 15 anos.
Fonte de textos e imaxes: Terrasdeiria | Cruceirosdegalicia
Cruceiro de Herbogo
Cruceiro situado á marxe dereita da estrada Rois-Urdilde, o seu paso pola aldea de Carrais. Cruceiro con moita devoción, sobre todo a imaxe de San Antonio, ó que se lle atan as pernas para pedirlle algo, para encontrar algún obxecto perdido ou mozo/a.
Fonte de textos e imaxes: Terrasdeiria | Concello de Rois