Bolboreta Nome científico: Lepidoptera
A bolboreta é un animal herbívoro pero como non ten dentes non pode comer follas, por iso sorbe o néctar directamente das flores.
Hai bolboretas macho e femia, é dificil distinguilos pero os machos adoitan ter o corpo e cores máis brillantes.
Reprodúcense mediante ovos e van mudando de forma ata ser adultos, chámase metamorfose.
Fonte de textos e imaxes: Miriam Soares Araujo | Wikipedia
Abella Nome científico: Apis mellifera
As abellas son uns insectos extremadamente sociables que viven en colonias que se establecen en forma de enxames e nos que se organizan nunha estrita xerarquía de tres rangos sociais: a abella reina, os zánganos e as abellas obreiras.
Son os insectos polinizadores por excelencia e teñen unha función esencial para o equilibrio da natureza, xa que contribúen activamente á supervivencia de moitas especies de plantas que se reproducen grazas ao transporte de pole que levan a cabo estes pequenos animais ao alimentarse do néctar das flores.
Moitas destas plantas usámolas os seres humanos para producir algúns dos nosos alimentos. Viven unha media de cinco anos e non miden máis de 1,5 centímetros.
Fonte de textos e imaxes: National Geographic
Escaravello Nome científico: Coleoptera
Trátase dun tipo de insectos da orde dos coleópteros do cal existen unhas 375.000 especies descritas ata o momento.
A pesar de que non son expertos voadores, a maioría deles teñen dous pares de ás na parte frontal do tronco, protexidas por unha envoltura endurecida coñecidas como élitros.
A maioría deles viven ao redor dun ano.
Polo xeral, os escaravellos aliméntanse principalmente de plantas, sementes ou froitos, aínda que nalgunhas ocasións poden chegar a cazar algúns animais de tamaño pequeno como outros insectos, carafio ou vermes.
Fonte de textos e imaxes: National Geographic | Laosgarden
Formiga Nome científico: Formicidae
As formigas son insectos con algunhas capacidades únicas.
Destaca sobre todo a súa lendaria capacidade de comunicación que permite que as súas colonias funcionen como superorganismos.
Fonte de textos e imaxes: National Geographic | Twitter
Libélula Nome científico: (Odonata)
A libélula é un insecto con corpo alongado, ás transparentes e ollos saltones.
Este insecto voador é recoñecido pola súa velocidade de voo e variedade de cores metálicas, xeralmente azul, verde ou amarelo.
As libélulas teñen 2 pares de ás. As ás frontais móvense separadamente das traseiras, o que lles permite voar cara adiante e cara atrás.
As libélulas nacen de ovos que as femias poñen na auga, os ovos eclosionan en ninfas as cales se alimentan de larvas e mosquitos na auga.
Unha vez convértense en adultos, saen da auga e comezan a voar, vivindo ao redor de 1 a 5 meses segundo o tamaño.
Fonte de textos e imaxes: Wstemagazine | Manitare