Coñece Rois
Terra para gozar
Sitúase no suroeste da provincia da Coruña. Pertence á Comarca do Sar, composta polos concellos de Padrón, Dodro e Rois.
Rois ocupa unha superficie de 92,76 km2 e divídese en 12 parroquias. A capital municipal é Os Dices, pertencente á parroquia de Rois (Rois) e que dista 20 km de Santiago de Compostela.
Polo leste limita co concello de Teo, polo norte co concello de Brión, no oeste co concello de Lousame e no Suroeste con Rianxo; polo sur linda con Dodro e Padrón.
Son tres os principais ríos que bos bañan: o Sar, que transcorre desde Ribasar ata Padrón; o Rois, polo sur; e o Liñares, que cruza o concello de norte a sur.
As doce parroquias do municipio son: Augasantas, Buxán, Costa, Ermedelo, Herbogo, Leroño, Oín, Ribasar, Rois, Seira, Sorribas e Urdilde.
San Vicente de Augasantas. Entidades de poboación que forman parte da parroquia:A Eirexa, As Subidas, Bandón, Beade, Bralo, Cernán, Duei, Pedrouzos, Porto, Salgueiros, Senra, Sóñora, Verduga, Vilachán, Vilariño de Neda. San Xoán Buxán. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Chisca, Buxán, Espiñeira, Fontedelo, Fufelo, O Faro, O Piñeiro, Peracova, Picadizo, Silvarredonda, Xei. San Miguel da Costa. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: Ferreiros, Liñares, O Casal, O Pazo, Pinelas. San Martiño Ermedelo. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: Asneiros, O Barreiro, A Casa do Vento, O Codeso, Martelo, Moares, Penavide, Sabacedo, Albagueira, Busto, Figueiroa, Niñarelle. San Pedro de Herbogo. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Pereira, As Casas Novas, Carrais, Espai, Herbogo, Rubieiro, Socastro, Soutelo. Santa maría de Leroño. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Casa do Vento, A Eirexa, Choucela, Covas, Leroño, Souto, Vilar de Castro. Santa María de Oín. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Eirexa, A Peruca, A Pontenova, Antequeira, Barro, O Castro, Oín, Samil. Santa Mariña de Ribasar. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: Angueira de Castro, Codesido, O Faramello, Francelos, O Sisto. San Mamede de Rois. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Casa do Porto, A Covela, A Pontenova, Contimunde, Cornes, Formarís, Infesta, O Aido, Os Dices, Os Vilares, Rois. San Lourenzo de Seira. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Eirexa, A Meana, A Peroxa, A Peruca, Lamego, O Casal, O Cruceiro, Seira. San Tomé de Sorribas. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Meana, Reibó, Seaxe, Sorribas, Tourís, Vilar de Abade. Santa María de Urdilde.Entidades de poboación que forman parte da parroquia: Agrafoxo, A Cabanela, Caraveles, Casal de Gonzalo, Casal de Poño, O Castro, Macedos, Pazos, Pedre, Quintáns, Vilariño, Xallas, A Calle- Pomar,