Rede Natura 2000. Fauna
Sistema fluvial Ulla-Deza
Reserva Natural Fluvial
O Sistema fluvial Ulla–Deza, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Son zonas de Europa designadas de interese comunitario pola súa potencial contribución a restaurar o hábitat natural, incluíndo os ecosistemas e a biodiversidade da fauna e flora silvestres. da Rede Natura 2000 desde o 2004.
É un espazo natural galego declarado como Zona especial de conservación
(ZEC) Son áreas de gran interese ambiental para a conservación da diversidade, as cales foron designadas polos Estados membros da Unión Europea para integrarse dentro da Rede Natura 2000.
Os territorios ZEC deberon ser previamente Lugares de Importancia Comunitaria (LIC)
e que ampara ao río e ribeiras do río Ulla, o treito final do seu afluente o Deza, as ribeiras doutros afluentes, e o seu esteiro na ría de Arousa. Este espazo percorre fundamentalmente a raia das provincias da Coruña e Pontevedra.
Este espazo está repartido entre os municipios coruñeses de (Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Rianxo, e os municipios pontevedreses de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga y Vila de Cruces. A área que protexe é de 1.633 ha.
Sistema fluvial Ulla-Deza
Reserva Natural Fluvial
Aínda se atopan salmóns Salmo salgar buscando lugares para desovar, sendo a conca Ulla-Deza unha das máis salmoneras de Galicia. A troita Salmo trutta, a lamprea Petromyzon marinus ou a anguía Anguilla anguilla son recursos piscícolas de enorme importancia ecolóxica e económica nesta conca.
Especies de aves e mamíferos adaptados á vida nos ríos merecen especial mención. Destaca a presenza de merlo acuático Cinclus cinclus, martín pescador Alcedo atthis, lavandeira cascadeña Motacilla cinerea, garza real Ardea cinerea, londra Lutra lutra, desmán dos pirineos Galemys pyrenaicus e teixugo Meles meles.
info