Rede Natura 2000. Flora
Sistema fluvial Ulla-Deza
Reserva Natural Fluvial
O Sistema fluvial Ulla–Deza, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Son zonas de Europa designadas de interese comunitario pola súa potencial contribución a restaurar o hábitat natural, incluíndo os ecosistemas e a biodiversidade da fauna e flora silvestres. da Rede Natura 2000 desde o 2004.
É un espazo natural galego declarado como Zona especial de conservación
(ZEC) Son áreas de gran interese ambiental para a conservación da diversidade, as cales foron designadas polos Estados membros da Unión Europea para integrarse dentro da Rede Natura 2000.
Os territorios ZEC deberon ser previamente Lugares de Importancia Comunitaria (LIC)
e que ampara ao río e ribeiras do río Ulla, o treito final do seu afluente o Deza, as ribeiras doutros afluentes, e o seu esteiro na ría de Arousa. Este espazo percorre fundamentalmente a raia das provincias da Coruña e Pontevedra.
Este espazo está repartido entre os municipios coruñeses de (Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Rianxo, e os municipios pontevedreses de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces. A área que protexe é de 1.633 ha.
Sistema fluvial Ulla-Deza
Reserva Natural Fluvial
Respecto á flora o carballo Quercus robur é a árbore dominante na conca do Ulla, aínda que pola acción humana vese fortemente reducido a pequenas manchas fundamentalmente situadas nas marxes fluviais e os escarpes máis inaccesibles.
A toxeira e os breixos son a formación de matogueira máis frecuente nas ladeiras desarboladas e a súa variedade cromática constitúe un atractivo paisaxístico en case todas as épocas do ano.
O bosque de ribeira está formado por amieiros Alnus glutinosa, freixos Fraxinus spp e os salgueiros Salix spp.
info