Coñece Dodro
Un pequeno universo
Sitúase no sur da provincia da Coruña. Pertence á Comarca do Sar, composta polos concellos de Padrón, Dodro e Rois.
Polo leste limita con Rianxo, polo norte cos concellos de Rois e Lousame, no oeste está o concello de Padrón e polo sur, o río Ulla no lugar que se funde coa ría de Arousa, fronteira natural coa provincia de Pontevedra.
Conta cunha poboación de 2.620 habitantes no ano 2024. Conta cunha superficie de 36,12 km².
O concello divídese en tres parroquias: San Xoán de Laíño, San Xián de Laíño e Santa María de Dodro. As vinte e seis aldeas que configuran este concello distribúense entre as 3 parroquias.
Santa María de Dodro, parroquia que se localiza no leste do concello de Dodro, de extensión 7,20 quilómetros cadrados. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Igrexa de Dodro, Dodriño, Lestrobe, Revixós, Susavila, Vigo e Cancela Abrea. San Xián de Laíño, parroquia cunha superficie de 17,18 quilómetros cadrados. Localizada no centro do concello. .Entidades de poboación que forman parte da parroquia: da igrexa, Eiró, Manselle, Paizal, Pexegueiro, Reboiras, Rial de Lagoa, Rialiño, Sar, Tallós, Tarrío, Traxeito e Muronovo. San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello. Entidades de poboación que forman parte da parroquia: A Devesa, Bexo, Bustelo, Castro, Imo e Teaio. A súa extensión é de 11,70 quilómetros cadrados. Esta parroquia formaba parte da de S. Xián pero os veciños quixeron separarse formando unha nova parroquia en 1763.