É un xogo popular que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.
O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces. A chave colócase inclinada e cunha pequena gabia atrás para que non roden os pellos.
Pódese xogar en equipo ou por parellas.
Cada zona ten as súas propias normas, que difiren entre si polo tamaño e forma da chave (con aspas ou sen elas, pequena ou grande etc.), no tamaño e peso dos pellos e no xeito de puntuar.