DroneDeploy
Este planificador de voo caracterízase por ser moi intuitivo e sinxelo de utilizar.
A aplicación está dispoñible tanto para Android e iOS.
É compatible coa maioría dos drons da firma DJI.
A planificación do voo do dron é realmente sinxela e moi similar á aplicación de Pix4d. Primeiro seleccionaremos a área que queremos sobrevoar e seguidamente debemos elixir os diferentes parámetros como a altura ou o frontlap/sidelap (solapamento frontal/solapamento lateral).
Seguidamente a aplicación fará un "checklist" de que todo está correcto e o dron comezará o voo de forma autónoma.
Unha funcionalidade interesante e poder engadir un voo circular ao final da misión.
As fotografías xeradas neste último pase serán moi útiles á hora de conseguir mellores reconstrucións en 3D. As opcións para orbitar ao redor de obxectos son, de momento, limitadas.