Litchi
Esta aplicación está dispoñible para Android e iOS.
É compatible coa gran maioría de drons da marca DJI (phamton, inspire, mavic…).
É unha aplicación de pago. Aínda así, merece a pena probala porque é unha aplicación que funciona realmente ben.
Á marxe dos modos habituais baseados en puntos de referencia (waypoints) e áreas que é necesario cubrir, dispón do modo “orbit”.Con este modo de voo poderemos facer que o noso RPA(Robotic Process Automation) voe de forma autónoma en forma de círculo.
Soamente teremos que especificar algúns parámetros como a altura do voo, o radio ou a velocidade de rotación.
Este modo de voo é moi interesante para o modelado 3d.
Para usuarios aos que lles gusta probar cousas diferentes ou que se dediquen á produción de vídeo aéreo, Litchi ofrece modos nos que o dron é capaz de seguir obxectos en movemento e manter o interese da cámara nun punto concreto (independentemente de como voemos o aparello), etc.