Mission Planner
É unha aplicación moi completa, moi similar a UGCS, con ela podemos configurar infinidade de parámetros do noso dron e da nosa controladora.
Está dispoñible para windows é tamén existe unha versión multiplataforma chamada APM Planner.
Con este software teremos que planificar o noso voo desde o PC e posteriormente pasar a misión ao noso dron.
A súa interface é algo máis austera que as anteriores.
Unha función que resulta moi útil para a toma de fotografías de reconstrucións en 3d, é a do voo autónomo en círculo. Simplemente teremos que seleccionar o radio do noso círculo e o número de puntos de referencia (waypoints)e o dron voará de forma autónoma.
Esta aplicación é específica do controlador de voo ardupilot, aínda que hai varias empresas que dan soporte para outros dispositivos.
Un elemento interesante: permite axustar e cambiar os parámetros da controladora para diferentes configuracións físicas de drons (ás fixas, cuatrimotores, hexarotores, octocopteros… e diferentes formas de estrutura).
A principal razón para utilizar Mission Planner é poder cambiar os parámetros da controladora de voo.