UGCS
A principal vantaxe desta aplicación é a súa compatibilidade con multitude de drons e de controladoras.
É unha aplicación de escritorio compatible con Windows, MacOS e Linux.
A diferenza das aplicacións móbiles, temos que planificar as misións desde o noso computador.
Póde pensarse que este software é equivalente a unha navalla suíza: infinitas opcións, aínda que moitas delas serán útiles só para quen teña coñecementos avanzados. O potencial desta ferramenta é ilimitado. A cantidade de configuracións e ferramentas que presenta é enorme.
Soporta misións con varios voos e múltiples cambios de batería, telemetría, control do dron mediante teclado e joystick, control de múltiples drons simultaneamente, dispositivos de fabricantes menos coñecidos etc. É o único software que permite importar perfís de terreo de forma que sexan tidos en conta na planificación da misión.
Sendo profesional do sector, probar e investir tempo en analizar todas as opcións que ofrece, sería de bo probeito.