Terras de Iria

Programa de Emprego Xuventude Terras de Iria 2023 Concello de Dodro, Concello de Padrón e Concello de Rois

Dodro Padrón Rois

DJI Ground Station

DJI sacou a súa propia aplicación orientada á planificación e o voo autónomo das aeronaves da firma. É compatible cos modelos máis actuais da marca (phantom, inspire, mavic, matrice…).

É unha aplicación moi recomendable se posúes un dron da marca xa que todo o desenvolvemento está pensado integramente para os drons da marca. O único inconveniente desta aplicación é que, de momento, soamente está dispoñible para iPad.

Unha das funcionalidades que nos gustou enormemente desta aplicación é o denominado velo virtual. Esta funcionalidade vai impedir que o noso dron sobrevoe zonas que previamente especificásemos. Así, por exemplo, poderemos evitar que o noso dron entre en zonas de espazo aéreo restrinxido, zonas sensibles ou que simplemente termine voando en áreas non planificadas.

Definir unha traxectoria de voo é trivial a partir de indicacións como a velocidade e altura do aparello, solape entre imaxes e a área que é necesario cubrir.
Con isto teriamos a seguridade de poder xerar ortofotos de calidade. Para reconstrucións en 3D de alta calidade de obxectos únicos, o panorama é lixeiramente menos prometedor porque, de momento, non é posible definir voos circulares a diferentes alturas. Esperamos ver este problema solucionado no futuro próximo.

Imaxe do programa DJI
dji.com
Fonte: aerial-insights